Foro
BENVIDOS AO FORO DA COMUNIDADE SEALAB!
O foro SEALabHaus é un espazo en liña para o diálogo entre profesionais, investigadores e membros da comunidade implicados na arquitectura costeira, a cultura marítima, o turismo azul e a sostibilidade mariña. O noso servidor Discord permítelles aos usuarios intercambiar ideas, compartir proxectos e colaborar coas diversas rexións ao longo do espazo atlántico, sumarse á conversación e achegar a unha comunidade multidisciplinar e respectuosa.
1. ACCESO AO FORO
O widget desta páxina permite ler as discusións e unirse directamente ao servidor.
Para publicar ou participar activamente, cómpre iniciar a sesión:
-
Páxina web de Discord: abre no seu navegador, non cómpre instalación.
-
Discord App (recomendada): ofrece mellor estabilidade e plena funcionalidade.
Cómpre autenticación en Discord para todas as interaccións alén da lectura.
2. SELECCIÓN TEMÁTICA E USO DE ETIQUETAS
Cando publique, seleccione a etiqueta que mellor se adecúe ao contido:
-
Arquitectura: para debates sobre deseño, planificación, patrimonio, reformas, materiais e tecnoloxías aplicadas ás arquitecturas costeiras e marítimas.
-
Arte e cultura: para compartir prácticas artísticas, iniciativas culturais e reflexións relacionadas co patrimonio costeiro e a cultura marítima intanxible.
-
Turismo azul: dedicado a modelos de turismo costeiro sostible, experiencias de visitantes, estratexias de desenvolvemento local e perspectivas de economía azul.
-
Mar e sostibilidade: centrado na transición ecolóxica, xestión costeira, impactos ambientais e proxectos mariños sostibles.
-
Formación e profesionalización: un espazo para a educación, o desenvolvemento profesional, a construción de capacidades e o intercambio de coñecemento nos sectores relacionados co mar.
As etiquetas permiten manter os debates organizados e axudan os demais a atopar achegas relevantes.
3. DIRECTRICES DA COMUNIDADE
Co fin de manter un contorno produtivo:
-
A comunicación será respectuosa, sen condutas ofensivas ou discriminatorias.
-
O contido compartido será fiable e relevante.
-
Evitarase o correo lixo ou a excesiva autopromoción.
-
Non se publicarán datos persoais nin material suxeito a dereitos de autor sen permiso.
-
Os moderadores poderán intervir para garantiren o uso adecuado do foro.