SOTA
BENVIDOS Á ACADEMIA EN LIÑA SEALAB (SOTA)
A Academia de Formación En Liña SEALabHaus (SOTA polas siglas en inglés) é un programa de formación que invita os alumnos a converterse en axentes activos no que respecta a darlle forma ao futuro do turismo costeiro e marítimo a través das lentes da Nova Bauhaus europea (NEB).
Aproveitando o innovador marco de SEALabHaus, o curso explora como o Turismo Azul se pode reimaxinar para aliñarse cos valores centrais da NEB: sostibilidade estética e inclusión.
Todos son benvidos, xa sexan educadores, profesionais do turismo, integrantes da comunidade costeira ou calquera interesado nos temas do proxecto. Este breve curso preséntalles aos alumnos conceptos clave con exemplos prácticos e invítaos a participar con ferramentas seleccionadas que se sumen á súa experiencia, enriquecendo así a SOTA para futuros alumnos. Cando remate o curso, os participantes terán unha comprensión clara de como os valores NEB se trasladan á práctica e de como dar lugar a turismo máis inclusivo, creativo e sostible.
COMO FUNCIONA?
O curso deseñouse usando un formato intuitivo enfocado á aprendizaxe interactiva. Consta dun total de 5 unidades, ademais do Portal de Recursos. O deseño do curso ten unha disposición vertical de forma que o alumno só ten que desprazar cara a abaixo para ler o contido, ver vídeos, imaxes e interactuar con actividades como fichas educativas, autoavaliacións ou pestanas de información. Un menú de navegación lateral facilita o movemento fluído entre unidades e leccións con indicacións ou instrucións en todo momento para completar as preguntas de contido ou dar exemplos das distintas rexións na área atlántica. Cando remate o curso, os alumnos poderán xerar un certificado de que o completaron.