Os Foros transnacionais son eventos colaborativos deseñados para fortaleceren o compromiso dos Grupos de Acción Rexional e dos socios do proxecto, fomentando deste modo o intercambio de coñecemento dentro do marco de SEALabHaus. Estes foros celebraranse en diversas rexións, e neles abordaranse os cinco temas centrais do proxecto: Arquitectura (2024, UDC, Galicia), Mar e Sostibilidade (2024, UP, Portugal), Turismo Azul (2024, UBS, Francia), Arte e Cultura (2025, ULPGC, illas Canarias), e Profesionalización e Formación (2025, SETU, Irlanda).
Cada foro dura un día, e integrará a presentación de boas prácticas con actividades participativas mediante o uso de metodoloxías inclusivas como as mesas redondas e o mapeamento colectivo. Así mesmo, organizarase unha visita de campo complementaria para explorar exemplos relevantes de boas prácticas relacionadas co tema que se abordou no foro.
O obxectivo destes eventos é fomentar a integración de diversas perspectivas, a aprendizaxe multidireccional e a incorporación de experiencias locais ao desenvolvemento do proxecto, consolidando deste modo a Comunidade Atlántica e poñendo en valor o papel activo das rexións na súa evolución e sostibilidade.